Tuesday 14 de May de 2024

Villoslada recorda que o concello non pode paralizar as obras públicas nin privadas


 

O concelleiro de Mobilidade sinalou que son as empresas as que deciden se continúan ou non cos traballos cumprindo, en caso afirmativo, coas normas de seguridade e hixiene que o Goberno central decretou durante o estado de alarma

O concelleiro de Mobilidade, Juan Manuel Díaz
Villoslada, anunciou esta mañá que non se autorizará ningunha obra pública máis
durante o estado de alarma e que, no caso das que están en marcha, a
Administración local, segundo os artigos 33 e 34 do Real decreto do 14 de marzo,
non ten potestade para as paralizar. A empresa adxudicataria é a que ditamina se
continúa ou non prestando o servizo ata a finalización dos traballos. De seguir
adiante, deberá adoptar as medidas de seguridade e hixiene para poder executalas,
medidas que, por outra parte, deberá comunicarlle ao Goberno local. Deste xeito, as
catro actuacións públicas que están activas nestes momentos levaranse a cabo
segundo o que decidiron as operarias correspondentes: “Desde o concello podemos
recomendarlles cuestións como a xornada continua para evitar que as/os
empregadas/os se xunten á hora de comer”.
Esta norma esténdese tamén ás obras de carácter privado, sobre as que o concello
non ten competencia ningunha, máis que a de corroborar, a través da Policía Local,
que a empresa está cumprindo no referente á seguridade e hixiene: “De non ser así,
redactamos unha acta de sanción que trasladamos ao Ministerio do Interior”.

Nota de Prensa

Canto aos labores de xardinería, os servizos que se realizan estes días responden a
unha cuestión de saúde pública, xa que o decreto recolle certos traballos como
“esenciais” para evitar focos de insalubridade e a proliferación de animais ou
residuos que poden constituír unha ameaza para a cidadanía.